Andreas Brehme

futbolista alemán

Andreas "Andy" Brehme, nado en Hamburgo o 9 de novembro de 1960 e finado o 20 de febreiro de 2024 en Múnic, foi un ex-futbolista xermano, que xogaba de lateral esquerdo. Era un grande especialista a balón parado, e foi campión do mundo en 1990, anotando un gol de penalti na final contra a Arxentina.

Modelo:BiografíaAndreas Brehme

(2003) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1960 Editar o valor en Wikidata
Hamburgo (Alemaña do Oeste) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 2024 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOstfriedhof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAndy Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e 2. Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1978–1980 HSV Barmbek-Uhlenhorst 66(10)
1980–1981 1. FC Saarbrücken 36(3)
1981–1986 1. FC Kaiserslautern 154(34)
1986–1988 FC Bayern München 59(7)
1988–1992   Inter de Milán 116(11)
1992–1993   Real Zaragoza 24(1)
1993–1998 1. FC Kaiserslautern 120(9)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1980–1981   Alemaña sub-21 3(0)
1981–1984 Alemaña sub-23 10(2)
1983–1984 Alemaña sub-23 10(2)
1984–1994   Alemaña 86(8)
Participou en
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
xuño de 1992Eurocopa de Fútbol Suecia 1992
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
1986Mundial de Fútbol México 1986
xuño de 1984Eurocopa de Fútbol Francia 1984
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata

Discogs: 1745703 FIFA: 174427 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Andreas Brehme comeza a súa carreira no 1. FC Kaiserslautern, no ano 1981. Aquí ficaría ata 1986, cando marcha cara ao Bayern Múnic. Na súa etapa coma xogador do Bayern conseguiría o seu primeiro título coma profesional: foron campións da Bundesliga no ano 1987. A finais da tempada unha boa oferta do Inter de Milán faille colle-la equipaxe e fichar polo club italiano.

Na súa etapa no Inter gaña a Serie A (O Scudetto) en 1989 e a Copa da UEFA de 1991. Estes anos a rivalidade entre os dous clubs máis importantes da cidade, o Inter e o AC Milan tiña unha especial forza, xa que a base dos primeiros eran os seus xogadores xermanos Lothar Matthäus, Rudi Völler e o propio Brehme e no caso dos segundos os neerlandeses Marco van Basten, Ruud Gullit e Frank Rijkaard.

Tras cinco tempadas en Italia, en 1992 ficha polo Real Zaragoza de onde sairá no verán de 1993. A derradeira etapa da súa carreira xogaría no seu primeiro club, o 1. FC Kaiserslautern. Antes do seu retiro en 1998 gañan a Copa de Alemaña de Fútbol en 1996 e a Bundesliga xa en 1998.

Selección

editar

Brehme xogou tanta na selección de Alemaña do Oeste coma despois na da Alemaña unificada.

Participou en tres mundiais, México 86, Italia 90 e EUA 94.

En México o equipo xermano quedou subcampión ao perder na final contra a Arxentina, na que destacaba Diego Maradona. O encontro rematou 3-2, despois de adiantarse os arxentinos por 2-0 e a posterior igualada dos xermanos, un xenial pase de Maradona no derradeiro intre do encontro deulle a vitoria ó cadro suramericano.

En Italia vingáronse da Arxentina, xa que de novo as dúas escuadras se enfrontaban na final. Desta volta Alemaña venceu 1-0 cun gol de penalti de Andreas Brehme.

Os seus derradeiros encontros internacionais disputounos no Mundial dos Estados Unidos en 1994. Aquí non lograron pasar dos cuartos de final, o que supuxo unha decepción para os daquela actuais campións do mundo.

Adestrador

editar

Despois de gaña-lo campionato da Bundesliga, Brehme retírase do fútbol e adícase a prepararse para ser adestrador. O seu primeiro club xa coma técnico foi 1. FC Kaiserslautern, no ano 2000. Dous anos máis tarde dimitiría do cargo polos pobres resultados que estaba a acadar, xa que o club atopábase neses intres a piques de descender de categoría.

Marchou ó SpVgg Unterhaching, da 2ª división xermana mais tivo que abandonar o club ante a crise de resultados que atravesaba.

Estivo tamén de axudante de Giovanni Trapattoni no VfB Stuttgart mais foron cesados do cargo ós poucos meses.