Amir Khusrow

músico, poeta e estudoso indio sufí

Ab'ul Hasan Yamīn ud-Dīn Khusrau (persa: ابوالحسن یمین الدین خسرو, urdú: ابوالحسن یمین‌الدین خسرو), nado en Patiyali en 1253 e finado en Delhi en 1325, foi un músico, poeta e estudoso indio sufí coñecido como Amīr Khusrow Dehlavī. Foi unha figura icónica da historia cultural de Asia meridional. Foi un místico e discípulo espiritual de Nizamuddin Auliya de Delhi, India. Escribiu poesía principalmente en persa, mais tamén en hindustano. Un vocabulario en verso, o Ḳhāliq Bārī, que contén vocábulos en árabe, persa e hindustano adoita serlle atribuído.[1] Khusrow ás veces é chamado a "voz da India" ou o "papagaio da India" (Tuti-e-Hind), e foi chamado o "pai da literatura urdú".[2][3][4][5]

Modelo:BiografíaAmir Khusrow

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1253 Editar o valor en Wikidata
Patiyali, India (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 1325 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Delhi, India Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Amir Khusro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, filósofo, músico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoGhazal Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisAmir Saif ud-Din Mahmud Editar o valor en Wikidata  e Bibi Daulatnaz Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Амир Хосров Дехлеви)
TDV İslam Ansiklopedisi (en) Traducir
Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.320) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: b8ee65ce-8592-4b22-9e07-37fe233bdf29 Editar o valor en Wikidata

Khusrow é considerado o "pai do qawwali" (forma de música devocional dos sufís do subcontinente indio), e introduciu o estilo ghazal de cancións na India, ambas as formas aínda existentes na India e Paquistán.[6][7] Khusrow foi un experto en moitos estilos da poesía persa que se desenvolveron na Persia medieval, dende os qasidas de Khāqānī aos khamsas de Nizami. Empregou once esquemas métricos con 35 divisións diferentes. Escribiu en moitas formas de versos, incluíndo ghazal, masnavi, qata, rubai, do-baiti e tarkib-band. A súa contribución ao desenvolvemento do ghazal foi significativo.[8]

Legado

editar
 
Manuscrito ilustrado dun dos poemas de Amir Khusrow

Amir Khusrow foi un prolífico poeta clásico asociado coas cortes reais de máis de sete gobernantes do sultanato de Delhi. Escribiu moitas adiviñas divertidas, cancións e lendas que pasaron a formar parte da cultura popular do sur de Asia. As súas adiviñas son unha das formas poéticas máis populares en hindavi na actualidade.[9] É un xénero que inclúe dobres sentidos e xogos de palabras.[9] Innumerables adiviñas do poeta pasaron a través da tradición oral durante sete séculos.[9] Mediante a súa produción literaria, Khusrow representa unha das primeiras personaxes indias rexistradas cunha auténtica identidade multicultural ou plural. Os músicos consideran a Khusrow como o creador de seis estilos de música: qaul, qalbana, naqsh, gul, tarana e khyal, mais non hai suficiente evidencia sobre iso.[10][11]

As supostas relacións de Amir Khusrow con tarana son máis fondas. Unha das lendas máis persistentes da música hindustana conta o encontro entre Amir Khusrow, entón asociado coa corte de Ala ud-Din Khalji, e Gopal Nayak, músico da corte de Devagiri. Ala ud-Din mandou a Gopal Nayak que se presentase no Raga Kadambak durante seis tardes. Durante a actuación, Khusrow xacía agachado baixo o trono do emperador, e furtivamente absorbia todo o que Nayak cantaba. O sétimo día, asombrou a todos os presentes reproducindo todo o que presentara Gopal Nayak. Porén, como non podía seguir a lingua de Nayak, substituíu o texto das composicións por sílabas sen sentido, e así naceu o tarana.[12]

Desenvolvemento do hindavi

editar

Khusrow escribiu principalmente en persa. Moitos versos en hindustano (historicamente coñecido como hindavi) son atribuídos a el, aínda que non existe evidencia da súa composición por Khusrow antes do século XVIII.[13][14] A lingua dos versos hindustanos parece ser relativamente moderna. Tamén escribiu unha balada de guerra en punjabi.[15] Ademais, falaba árabe e sánscrito.[16][17][18][19][20] A súa poesía aínda se canta nos santuarios sufís da India e Paquistán.

 
Páxina ilustrada do Hasht-Bihisht, Metropolitan Museum of Art
  • Tuhfat us-Sighr ("O agasallo da infancia"), 1271: primeiro divan de Khusrow, que contén poemas compostos entre os dezaseis e os dezaoito anos.
  • Wast ul-Hayat ("A metade da vida"), 1279: segundo divan de Khusrow.
  • Qiran us-Sa’dain ("Encontro de dúas estrelas favorables"), 1289: primeiro masnavi de Khusrow, que detalla o histórico encontro entre Bughra Khan e o seu fillo Muiz ud-Din Qaiqabad despois dunha longa inimizade.
  • Miftah ul-Futuh ("Chave ás vitorias"), 1290: segundo masnavi de Khusrow, como eloxio das vitorias de Jalal ud-Din Firuz Khalji.
  • Ghurrat ul-Kamaal ("O cumio da perfección"), 1294: poemas compostos entre os 34 e os 41 anos.
  • Khaza'in ul-Futuh ("Os tesouros das vitorias"), 1296: detalle das obras construtivas, as guerras e os servizos administrativos de Ala ud-Din Khalji.
  • Khamsa-e-Khusrow ("Khamsa de Khusrow"), 1298: quinteto (khamsa) de cinco masnavis: Matla ul-Anwar, Khusrow-Shirin, Laila-Majnun, Aina-e-Sikandari e Hasht-Bihisht.
  • Saqiana: masnavi que contén o horóscopo de Qutb ud-Din Mubarak Shah Khalji.
  • Duval Rani - Khizr Khan ("Duval Rani e Khizr Khan"), 1316: traxedia sobre o matrimonio da princesa Duval Rani co fillo de Ala ud-Din Khalji, Khizr Khan.
  • Nuh Sipihr ("Nove ceos"), 1318: masnavi sobre o reinado de Qutb ud-Din Mubarak Shah Khalji, que inclúe percepcións vívidas da India e da súa cultura.
  • Ijaz-e-Khusravi ("Os milagres de Khusrow"): selección de prosa en cinco volumes.
  • Baqia-Naqia ("Remanentes de pureza"), 1317: compilado por Khusrow aos 64 anos.
  • Afzal ul-Fawaid ("A maior das beizóns"), 1319: obra de prosa que contén as ensinanzas de Nizamuddin Auliya.
  • Tughlaq Nama ("Libro dos Tughlaqs"), 1320: masnavi histórico do reinado da dinastía Tughlaq.
  • Nihayat ul-Kamaal ("O cénit da perfección"), 1325: compilada probablemente por Khusrow unhas poucas semanas antes da súa morte.
  • Ashiqa: Khusrow paga un brillante tributo á lingua hindi e fala das súas ricas cualidades.[21] É un masnavi que describe a traxedia de Deval Devi. A historia foi apoiada por Isaami.[22]
  • Qissa Chahar Dervesh ("O conto dos catro dervishes"): dastan contado por Khusrow a Nizamuddin Auliya.
  1. Rashid, Omar (23 de xullo de 2012). "Chasing Khusro". Chennai, India: The Hindu. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  2. "Amīr Khosrow - Indian poet". 
  3. Mehta, Jaswant Lal (1980). Advanced Study in the History of Medieval India 1. Sterling Publishers Pvt. Ltd. p. 10. ISBN 9788120706170. 
  4. Bakshi, Shiri Ram; Mittra, Sangh (2002). Hazart Nizam-Ud-Din Auliya and Hazrat Khwaja Muinuddin Chisti (en inglés). Criterion. 
  5. Bhattacharya, Vivek Ranjan (1982). Famous Indian sages: their immortal messages (en inglés). Sagar Publications. 
  6. Latif, Syed Abdulla (1979) [1958]. An Outline of the Cultural History of India. Institute of Indo-Middle East Cultural Studies (reprinted by Munshiram Manoharlal Publishers). p. 334. ISBN 81-7069-085-4. 
  7. Regula Burckhardt Qureshi, Harold S. Powers. Sufi Music of India. Sound, Context and Meaning in Qawwali. Journal of the American Oriental Society, Vol. 109, No. 4 (Out. – Dec. 1989), páx. 702–705. doi 10.2307/604123.
  8. Schimmel, A. "Amīr Ḵosrow Dehlavī". Encyclopaedia Iranica. Eisenbrauns Inc. Consultado o 14 de maio de 2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Sharma, Sunil (2005). Amir Khusraw : the poet of Sufis and sultans. Oxford: Oneworld. pp. 79. ISBN 1851683623. 
  10. "'Amir Khusrau and the Indo-Muslim Identity in the Art Music Practices of Pakistan'". 
  11. "'Amir Khusro and his influence on Indian classical music'". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  12. Willard 1834: 121: Willard, N. Augustus (1834). A Treatise on the Music of Hindoostan. Calcuta. 
  13. Losensky, Paul E. (15 de xullo de 2013). "In the Bazaar of Love: The Selected Poetry of Amir Khusrau". Penguin UK – vía Google Books. 
  14. Khusrau's Hindvi Poetry, An Academic Riddle? Yousuf Saeed, 2003
  15. Tariq, Rahman. "Punjabi Language during British Rule" (PDF). JPS 14 (1). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  16. "Central Asia and Iran". www.angelfire.com. 
  17. Habib, Mohammad (16 de febreiro de 2018). "Hazrat Amir Khusrau of Delhi". Islamic Book Service – vía Google Books. 
  18. Asad, Muhammad (16 de febreiro de 2018). "Islamic Culture". Islamic Culture Board – vía Google Books. 
  19. Dihlavī, Amīr Khusraw (16 de febreiro de 1975). "Amir Khusrau: Memorial Volume". Publications Division, Ministry of Information and Broadcasting, Government of India – vía Google Books. 
  20. Devy, G. N. (16 de febreiro de 2018). "Indian Literary Criticism: Theory and Interpretation". Orient Blackswan – vía Google Books. 
  21. Ashiqa
  22. The Life and Works of Sultan Alauddin Khalji. Delhi: Atlantic. 1992. p. 5. ISBN 8171563627. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar