Aldo Puccinelli

futbolista e adestrador italiano

Aldo Puccinelli, nado en Bientina o 25 de decembro de 1920 e finado en Livorno o 11 de marzo de 1994, foi un futbolista e adestrador italiano. Xogaba como dianteiro e militou durante 15 anos na Lazio, converténdose nun símbolo do club. É o segundo futbolista con maior número de partidos de liga disputados coa camiseta do club (339), só por detrás de Ștefan Radu.

Modelo:BiografíaAldo Puccinelli
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Bientina, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 1994 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Livorno, Italia Editar o valor en Wikidata
Altura1,55 m.
Peso56 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1957), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1939–1940 Unione Sportiva Città di Pontedera
1940–1943 SS Lazio 52(11)
1943–1944 U.S. Massese 1919 8(2)
1945–1955 SS Lazio 287(66)
1955–1957 U.S. Livorno 1915 61(15)

Traxectoria

editar

Como xogador

editar

Comezou a xogar ao fútbol no Pontedera e en 1940 foi fichado pola Lazio, na que militou durante os seguintes 15 anos. Chegou a Roma con só 20 anos, pisando por primeira vez unha gran cidade. Despois dun ano no club e con só dúas aparicións no primeiro equipo, gustoulle enseguida ao adestrador da tempada seguinte (1941-42), o austríaco Popovic, quen lle encomendou a camiseta de titular.

 
Puccinelli (de pé, primeiro dende a dereita) ata o Lazio en 1940-1941

Empezou xogando na banda esquerda e só despois da guerra pasou a aparecer principalmente pola dereita. O 24 de maio de 1942 marcou o gol do empate (1-1) nun derbi coa Roma que máis tarde gañaría o scudetto.

A súa carreira tamén estivo influenciada polos acontecementos bélicos, que romperon un dos mellores momentos da súa carreira, xa que se viu obrigado a abandonar Roma e regresar á Toscana para estar preto da súa familia nos momentos máis duros do conflito. Despois da guerra, con todo, volveu á "Cidade Eterna" para retomar o seu lugar nas filas da Lazio.

Foi un elemento básico dunha formación que incluía, entre outros, aos irmáns Sentimenti (Lucidio, Vittorio e Primo), Francesco Antonazzi e Romolo Alzani. Con ese equipo, a Lazio acadou o cuarto posto en liga tres veces seguidas, entre finais dos anos 40 e principios dos 50. Disputou co club romano un total de 342 partidos oficiais (339 na liga e 3 na Copa Italia), nos que marcou 78 goles, e foi capitán do equipo na parte final do seu paso polo club.

En 1955 fichou polo Livorno, onde xogou ata 1957, cando colgou as botas.

Adestrador

editar

Unha vez rematada a súa carreira como futbolista, Puccinelli iniciou unha carreira como adestrador, que comezou a mediados da década de 1950 co Cuoiopelli toscano. Pasou despois polo Cascina,[1] o Siena, o Empoli, o Viareggio, e en 1969 sentou no banco do Livorno, equipo que máis tarde dirixiría tamén na parte final da tempada 1974/75.

Faleceu en 1994 aos 73 anos.[2]

Palmarés como adestrador

editar
Empoli
  1. "La Gazzetta dello Sport" (en italiano). 2 de decembro de 1959. p. 5. 
  2. "Morto Aldo Puccinelli, ex grande della Lazio". Corriere della Sera (en italiano). 12 de marzo de 1994. p. 36.