Alcalá de Henares
Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.
Epónimo | Río Henares | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Capital de | |||||
Capital | Alcalá de Henares | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 199.184 (2023) (2.263,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 88 km² | ||||
Bañado por | Río Henares, Río Camarmilla e Río Torote | ||||
Altitude | 588 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Xusto e Pastor e Virgen del Val (en) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Judit Piquet Flores (2023–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | E 28800-28807 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 91 | ||||
Código INE | 28005 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Talence (1985–) Peterborough (pt) (1986–) Guanajuato (1990–) Praça da Revolução (Havana) (pt) (1999–) El Toboso (pt) (2001–) Lublin (2001–) Edchera (en) (2002–) Alba Iulia (2002–) Azul (pt) (2011–) Lebrija (2021–) Montauban (2022–) | ||||
Sitio web | ayto-alcaladehenares.es | ||||
O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor del Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.
A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.
Historia
editarAs orixes da cidade de Alcalá de Henares remóntanse a época prehistórica cuxo asentamento estaba nas elevacións que se coñece como cerro de Zulema ou cerro do Viso, que máis tarde tomaría o nome de San Juan del Viso por unha antiga ermida dedicada a san Xoán Bautista. Os romanos preferiron formar a súa cidade en terreo chairo e así naceu Complutum. Os musulmáns construíron un enclave de defensa, o que máis tarde se coñeceu como Al-Qalat-Nahar ("O castelo do Henares"). Coa Reconquista cristiá, a zona de Complutum trasladou a súa localización definitiva ao redor do que é hoxe a Catedral Maxistral.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcalá de Henares |