Aglomeración
Aglomeración urbana[1] é un termo usado en xeografía humana para indicar unha cidade que abrangue un centro de moita poboación, que habitualmente forma un concello, e un conxunto de suburbios ou cidades satélites.
Termos
editarDebido ás diferentes definicións do que constitúe unha aglomeración en cada país, ou da metodoloxía xeográfica empregada, resulta complexo comparar as diferentes aglomeracións. Termos equivalentes poden ser área urbana, ateigamento, masificación etc., con matices referidos ás condicións de espazo e hixiene.
Unha aglomeración diferénciase dunha área metropolitana en que esta inclúe áreas periféricas non necesariamente urbanas e dunha conurbación en que neste caso son diferentes zonas de influencia dunha cidade conectadas con outras cidades con zonas de influencia nun continuo urbano.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aglomeración.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aglomeración |
Outros artigos
editar