Aeroporto de Goa
O aeroporto internacional de Goa (IATA: GOI, OACI: VOGO), tamén coñecido como aeroporto de Dabolim, é o único aeroporto do estado indio de Goa. Está situado na cidade de Dabolim e opera tanto como aeroporto civil como unha base militar chamada INS Hansa. Está a 4 quilómetros da cidade de Vasco da Gama, a 23 de Margao, e a 30 de Panjim, a capital do estado.[1]
Aeroporto de Goa
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Operador | Autoridade Aeroportuaria da India | ||
Cidade/Illa | Goa | ||
Localización | Dabolim | ||
Elevación (msnm) | 56 metros / 184 pés | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 3 430 | 11 253 | asfalto |
Estatísticas (Abril de 2016 - marzo de 2017) | |||
Pasaxeiros | 6 856 362 |
A terminal integrada do aeroporto inaugurouse en decembro de 2013. NO ano fiscal 2016-2017 pasaron polas súas instalacións un total de 6 856 362 pasaxeiros, cunha media de 131 operacións diarias. Debido a restricións de capacidade na terminal e conxestión do tráfico aéreo debido á forte presenza militar e naval, propúxose un segundo aeroporto en Mopa[2] que se atopa nas primeiras fase de construción agardándose a súa finalización en 2020.[3]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Blue Dart Aviation | Ahmedabad, Delhi, Kolkata, Bombai, Lucknow |
FedEx Express | Dubai-Internacional |
Notas
editar- ↑ Airports Authority of India (ed.). "Goa International Airport". Archived from the original on 21 de abril de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ Economic Times (ed.). "GMR Infra to develop Mopa airport in Goa". Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ The Times of India (ed.). "Goa government notifies planning area at Mopa". Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ Finnair (ed.). "Flights to Goa". Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Finnair W17 Long-haul leisure routes additions". Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Jet Airways adds Goa – Abu Dhabi from Dec 2017". Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ SpiceJet (ed.). "SpiceJet flight schedules". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ Manchester Evening News (ed.). "Thomson to launch new direct flights from Manchester to Phuket, Mauritius and Goa". Consultado o 24 de febreiro de 2018.