Aeroporto Internacional Atatürk
O Aeroporto Internacional Istanbul Atatürk (IATA: IST, ICAO: LTBA) é o principal aeroporto internacional de Istambul e o aeroporto máis grande de Turquía por número de pasaxeiros, destinos e movemento de avións. Inaugurado en 1924 en Yesilköy, na parte europea da cidade, está situado a 24 km ao oeste do centro da cidade e serve como centro de conexións principal para Turkish Airlines. O outro aeroporto internacional da cidade é o máis pequeno de Sabiha Gökçen. En febreiro de 2017 tiña 273 destinos, sendo o segundo aeroporto do mundo con máis destinos tras o Aeroporto de Frankfurt.[1]
Aeroporto Internacional Atatürk Istanbul Atatürk Havalimani
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | TAV Airports | ||
Cidade/Illa | Istanbul | ||
Localización | Yesilköy | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17L/35R | 3 000 | 9 843 | cemento |
17R/35L | 3 000 | 9 843 | cemento |
05/23 | 2 580 | 8 465 | asfalto estriado |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 60 119 215 |
Foi chamado orixinalmente Aeroporto Yesilköy. Nos anos 80 foi renomeado Aeroporto Internacional Atatürk na honra de Mustafa Kemal Atatürk, o fundador e primeiro presidente da República de Turquía. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións máis de 60 millóns de pasaxeiros, converténdoo no 11º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. En 2017 é o quinto aeroporto máis concorrido de Europa tras Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle, Frankfurt e Ámsterdam-Schiphol, despois de caer dende o terceiro posto debido a temores pola seguridade.[2]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ aero.de (ed.). "Frankfurt bietet die größte Nonstop-Auswahl". Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Bloomberg (ed.). "‘Full’ Heathrow Extends European Hub Lead as Terror Hurts Rivals". Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Liu, Jim (3 August 2017). "AtlasGlobal adds Istanbul – Moscow service from Sep 2017". Routesonline. Consultado o 3 August 2017.
- ↑ AtlasGlobal. "Online Flight Ticket and Booking - Atlasglobal EN". AtlasGlobal. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 30 September 2017.
- ↑ Liu, Jim (9 October 2017). "Turkish Airlines plans Samarkand launch in March 2018". Routesonline. Consultado o 9 October 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Turkish Airlines W17 Saudi Arabia / Eritrea changes as of 30AUG17". RoutesOnline.com. Consultado o 30 September 2017.
- ↑ Liu, Jim (3 October 2017). "Uzbekistan adds Samarkand – Istanbul service in W17". Routesonline. Consultado o 3 October 2017.
- ↑ KirubelS. "Cargo Schedule - Ethiopian Airlines". www.EthiopianAirlines.com. Consultado o 30 September 2017.
- ↑ 2016, UBM (UK) Ltd. "Turkish Airlines Cargo adds new destinations in W16". Consultado o 25 December 2016.
- ↑ "EX-YU airports see cargo traffic potential". EX-Yu Aviation News. Consultado o 17 October 2016.