A Proba de Burón, A Fonsagrada

parroquia civil do concello da Fonsagrada

Santa María Madanela da Proba de Burón[2] é unha parroquia do concello lugués da Fonsagrada, na comarca homónima, situada a 3 km da capital municipal. Tiña 105 habitantes en 2018, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[3], 54 homes e 51 mulleres distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 7 habitantes respecto ao ano 2016, cando tiña 112 habitantes, e 42 menos ca en 2000. Entre os núcleos de poboación destaca O Chao, onde se atopa a igrexa parroquial.

A Proba de Burón
Vista da Proba de Burón.
ConcelloA Fonsagrada[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°08′34″N 7°05′15″O / 43.1427, -7.0874
Poboación101 hab. (2019)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

No eclesiástico, ata 1954 formou parte do arciprestado de Burón, dentro da arquidiocese de Oviedo. Dende entón, pertence á diocese de Lugo.

Economía

editar

A gandaría é un dos principais traballos que desempeñan os habitantes da parroquia.

Historia

editar
 
Vista xeral sobre a torre do castelo de Altamira.

A Proba de Burón foi dende a Idade Media capital do concello chamado Terras de Burón, que incluía os actuais municipios da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz, e mais algunhas aldeas de Asturias.

A mediados do século XV este territorio estaba en poder da casa de Trastámara, na figura de Pedro Álvarez Osorio, I conde de Trastámara a título hereditario. A carón do ano 1458 a súa muller, Inés de Guzmán, vende os dereitos administrativos e tributarios a Pedro Osorio de Villalobos, capitán irmandiño. Este casa con Urraca de Moscoso, pertencente á liñaxe de Altamira.[4]

Os veciños de Burón preitearon contra dona Urraca ao consideraren que lles gravaba demasiados impostos. A Real Chancelaría de Valladolid ditaría en 1490 a sentenza de que tiñan que pagar 12 000 marabedís anuais, facer servizos un día ao ano na fortaleza da Proba de Burón, acudir á guerra cando foren solicitados e diversas doazóns de gando. Esta sentenza foi confirmada polos Reis Católicos nunha carta executoria. Por medio deste preito, dona Urraca tratou de resarcirse dos efectos da rebelión irmandiña (1467-1469), na que participaran uns 10 000 homes de Burón e de Navia ao mando do seu home Pedro Osorio de Villalobos e que destruíran a fortaleza que logo tiveron que reedificar.

No ano 1490 chegaron a estas terras as familias Montenegro e Páramo.[5]

Testemuñas e investigacións

editar
 
A Proba de Burón co río da Proba en primeiro plano.

O historiador Amor Meilán considera que de ser verdade a afirmación dalgúns eruditos verbo da participación de Juan Osorio, señor de Burón, en Covadonga a son de Paio de Asturias, esa sería a primeira referencia histórica sobre o municipio actual[6].

Segundo García de la Riega, na antiga comarca de Burón residiu o pobo dos abólgicos durante a época da cultura castrexa[5].

Lugares e parroquias

editar

Lugares da Proba de Burón

editar
Lugares da parroquia da Proba de Burón no concello da Fonsagrada (Lugo)

O Chao | A Cruz Nova | Milladoiro | A Proba de Burón | Trambasaugas

Parroquias da Fonsagrada

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2022-01-12. 
  3. "IGE. Nomenclátor de Galicia. A Fonsagrada". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  4. "Genealogía del linaje Osorio s. XIV - XVI". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  6. "Pobra de Burón, Santa María da | Concello de A Fonsagrada". web.archive.org. 2015-02-25. Archived from the original on 25 de febreiro de 2015. Consultado o 2020-01-07. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar