A Ameixenda, Cee

parroquia do concello de Cee

Santiago da Ameixenda é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 476 habitantes (245 mulleres e 231 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 615 habitantes, e 1999 cando tiña 669 habitantes.

A Ameixenda
Antiga factoría baleeira de Caneliñas.
ConcelloCee[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°55′53″N 9°09′48″O / 42.9315, -9.1633
Poboación476 hab. (2018)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Nesta parroquia atópase o castelo do Príncipe, fortaleza que foi deseñada polos enxeñeiros Llovet e Carlos Lemour e comezada a construírse en 1740 e rematada en 1755, esta foi utilizada para a defensa da da ría de Cee-Corcubión dos franceses e piratas.

A igrexa parroquial de Santiago Apóstolo (construída no s.XV e reformada no s.XVIII) acolle no seu interior unha reliquia cun dos dedos de Santiago o Maior,o cal conta a lenda, que os veciños recolleron esa falanxe tras a pelexa entre a alma do apóstolo e os moros que ocupaban a zona. Coma conmemoración da axuda do apóstolo a recuperación das terras ao pobo e a expulsión dos musulmáns os veciños ergueron a igrexa parroquial de Ameixenda.[Cómpre referencia]

Lugares e parroquias

editar

Lugares da Ameixenda

editar
Lugares da parroquia da Ameixenda no concello coruñés de Cee

Caneliñas | Castelo do Príncipe | Gures | A Igrexa | As Lamas

Parroquias de Cee

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee

A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar