Aérospatiale foi un fabricante aeroespacial estatal francés que producía tanto aeronaves civís como militares, foguetes e satélites. Orixinalmente era coñecida como Société nationale industrielle aérospatiale (SNIAS). A súa sede atopábase no 16º distrito de París.[1][2] O nome cambiou a Aérospatiale no ano 1970.

Aérospatiale
Logo
Tipofabricante aeroespacial e empresa de capital aberto
Data de fundación1970
Data de disolución1999
Presidente/a
Yves Michot (en) Traducir (1996-1999) Editar o valor en Wikidata
nk=https://www.wikidata.org/wiki/Q1556700?uselang=gl]] (1992-1996)
Henri Martre (pt) Traducir (1984-1992)
Jacques Mitterrand (mul) Traducir (1975-1983)
Michel Fourquet (en) Traducir (1973-1975)
Henri Ziegler (pt) Traducir (1970-1973) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaAirbus
SedeParís e Tolosa
PaísFrancia
editar datos en Wikidata ]

Durante os anos 90 Aérospatiale pasou por varias reestruturacións e fusións significativas. A súa división de helicópteros combinouse coa compañía alemá DaimlerBenz Aerospace AG (DASA) para formar o Eurocopter Group. En 1999 a maioría de Aérospatiale, agás as súas actividades de satélites, fusionáronse coa división de defensa do conglomerado francés Matra, Matra Haute Technologie, para formar Aérospatiale-Matra. Ese mesmo ano a división de satélites uniuse a Alcatel para converterse en Alcatel Space, no presente Thales Alenia Space. En 2001 Aérospatiale-Matra fusionouse coa compañía española Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) e a alemá DaimlerChrysler Aerospace AG (DASA) para formar a multinacional European Aeronautic Defence and Space Company (EADS). No presente a meirande parte dos antigos activos da compañía son parte do consorcio multinacional Airbus.

Historia

editar

Formación

editar

No ano 1970 naceu Aérospatiale co nome SNIAS como resultado da fusión de varias empresas estatais francesas: Sud Aviation, Nord Aviation e Société d'étude et de réalisation d'engins balistiques (SEREB). A nova entidade era a compañía aeroespacial de Francia. Dende o principio o goberno francés tivo o control de Aérospatiale, chegando a ter ata o 97% das súas accións nalgún momento.[3]

En 1971 Aérospatiale estaba dirixida polo industrial francés Henri Ziegler. Ese mesmo ano o departamento de mercadotecnia e vendas da firma en América do Norte, que anterormente fora operado baixo o nome French Aerospace Corporation, pasou a chamarse oficialmente European Aerospace Corporation, reflectindo intencionadamente o desexo de Aérospatiale de colaborar máis cos seus socios europeos.[4]

Actividades principais

editar

Moitos dos programas iniciais de Aérospatiale foron vestixios dos seus predecesores, particularmente de Sud Aviation. Quizais os máis icónico e con máis repercusións deses programas foi o Concorde, un traballo conxunto franco-británico para desenvolver e comercializar un avión de pasaxeiros supersónico. Os traballos para este proxecto comezáronos Sud Aviation e Bristol Aeroplane Company. Os motores para o Concorde tamén foron desenvolvidos como un esforzo conxunto anglo-francés entre SNECMA e Bristol Siddeley. Porén, o programa estaba moi politizado e tivo considerables sobrecustos e atrasos. Finalmente o avión viuse negativamente afectado tanto polas decisións políticas como pola crise do petróleo dos 70, polo que finalmente só dúas aeroliñas mercaron o Concorde.[3]

A dirección de Aérospatiale estaba disposta a evitar os erros do programa Concorde.[3] O seu seguinte gran proxecto sería un consorcio internacional con British Aerospace e a compañía de Alemaña occidental Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB), que sería chamado Airbus Industries.

Airbus Industries creouse co obxectivo de fabricar un avión de pasaxeiros bimotor de fuselaxe ancha que se convertería no Airbus A300. Aínda que ao principio ao consorcio custoulle conseguir vendas e as perspectivas para o A300 semellaban negativas, Aérospatiale continuou fabricando o avión sen pedidos ao non poder reducir razoablemente a produción, xa que a lei francesa requiría que os empregados despedidos recibisen o 90% do salario durante un ano e conservasen todos os seus beneficios sanitarios.[3]

As vendas do A300 disparáronse e finalmente converteuse nun grande éxito comercial, botando porteriormente do mercado aos Lockheed L-1011 e McDonnell Douglas DC-10 estadounidenses debido a que era máis barato de operar. Como resultado deste éxito máis empresas comezarían a fabricar baixo a marca Airbus e a compañía converteríase nun líder mundial no mercado dos grandes avións de pasaxeiros durante os anos 90.[3]

Aérospatiale xogou un papel de liderado no desenvolvemento do sector espacial europeo.[3] Durante os anos 60 Sud Aviation estivo involucrado nun programa multinacional europeo para producir o vehículo de lanzamento espacial Europa, un foguete de tres etapas sendo estas fabricadas en Reino Unido, Francia e Alemaña. Porén, todos os voos de proba foron un fracaso; este fracaso atribuíuse a que non había unha autoridade central responsable das operacións e foi resultado de que as cuestións do repartimento de traballo estivesen altamente politizadas.

Cando Aérospatiale interveu, no ano 1973, estaba decidida a non repetir os erros do Europa. A compañía propuxo fabricar en Europa un novo vehículo pesado de lanzamento, que posteriormente sería coñecido como o Ariane. Aínda que se invitaron a outras nacións europeas a participar no programa, serían os funcionarios franceses os responsables principais, tomando así as decisións máis importantes.[3] Este enfoque foi acordado con outras nacións durante 1979.

O Ariane foi un éxito inmediato, permitindo aos franceses conseguir unha certa vantaxe sobre Estados Unidos, que centrara os seus esforzos no transbordador espacial. Porén, o desastre do Challenger en 1986 demostrou que era demasiado complexo para ser usado con regularidade para lanzar satélites. Aérospatiale desenvolvería versións máis capaces do Ariane, que quitaron gran parte do negocio dos lanzamentos espaciais aos estadounidenses nos anos 90.[3]

Privatización e fusións

editar

En 1992 a compañía de defensa alemá DaimlerBenz Aerospace AG (DASA) e Aérospatiale combinaron as súas divisións de helicópteros para formar o Eurocopter Group; compartindo a propiedade desta nova entidade entre as dúas empresas.[5]

A finais dos anos 90 o goberno do primeiro ministro francés Lionel Jospin iniciou a privatización de Aérospatiale.[6] En 1999 a meirande parte da compañía, agás as actividades de satélites, fusionouse coa difisión de defensa do conglomerado francés Matra, Matra Haute Technologie, para formar Aérospatiale-Matra.[7] Durante o ano 2001 a división de mísiles de Aérospatiale-Matra fusionouse co grupo anglo-francés Matra BAe Dynamics e coa división de mísiles de Alenia Marconi Systems para formar a multinacional MBDA.[8]

O 10 de xullo de 2000 Aérospatiale-Matra fusionáronse coa española Construcciones Aeronáuticas SA (CASA) e a alemá DaimlerChrysler Aerospace AG (DASA) para formar a multinacional European Aeronautic Defence and Space Company (EADS).[9] EADS posteriormente pasaría a chamarse Airbus Military.[10][11]

Produtos

editar
 
Caravelle III de Air France

Aeronaves de á fixa

editar
 
Aérospatiale AS350B-3
 
Aérospatiale SA 318 Alouette II

Helicópteros

editar

Vehículos aéreos non tripulados

editar
  1. Who Owns Whom: Continental Europe. Dun & Bradstreet. 1990. 
  2. "Offices and facilities". Aérospatiale. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Sud Aviation and Aerospatiale". www.centennialofflight.net. Consultado o 2020-12-06. 
  4. Air Progress: 16. Setembro de 1971
  5. "A Bit of History: American Eurocopter’s Growth over the Decades" (PDF). Rotor Journal (83): 33. outubro/novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2021. Consultado o 06 de decembro de 2020. 
  6. "Airbus set for privatisation as France abandons objection". The Independent (en inglés). 1997-08-29. Consultado o 2020-12-06. 
  7. "Defense & Aerospace Companies - Volume II." Forecast International, setembro de 2001
  8. "History". MBDA (en francés). Consultado o 2020-12-06. 
  9. "Dasa/Aerospatiale Matra Merger Creates European Aerospace Giant". Aviation Week Network. Consultado o 2020-12-06. 
  10. "EADS to be renamed Airbus Group". BBC News (en inglés). 2013-07-31. Consultado o 2020-12-06. 
  11. Michaels, Daniel (2014-01-05). "How EADS Became Airbus". Wall Street Journal (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 2020-12-06.