31 de decembro
data
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 31 de decembro é o 365º día do ano do calendario gregoriano e o 366º nos anos bisestos. É o derradeiro día do ano.
Acontecementos
editar- 406 - Os vándalos cruzan o río Rin para invadir a Galia.
- 1229 - As tropas do rei Xaime I de Aragón toman ao asalto a cidade de Palma, que posuían os árabes.
- 1502 - Para se librar dos seus inimigos (entre eles, Oliverotto de Fermo), César Borgia convídaos ao seu palacio de Senigallia para despois asasinalos.
- 1937 - O presidente filipino Manuel Quezon oficializa o tagalo como lingua nacional.
- 1958 - Fuga do antigo ditador cubano Fulgencio Batista (no final do día)
- 1968 - Voo do primeiro avión comercial supersónico: o Tupolev Tu-144
- 1991 - Disólvese a Unión Soviética
- 1995 - Publicada a última tira da banda deseñada Calvin e Hobbes.
- 1999 - Tratado Torrijos-Carter: os Estados Unidos transfiren o control do Canal do Panamá e de todas as áreas do que fora até entón a Zona do canal do Panamá ao Panamá.
- 1999 - Vladimir Putin asume a presidencia interina da Rusia pola renuncia de Boris Eltsin ao cargo.
- 1999 - Realízase a primeira superproducción de televisión en alta definición titulada O Día do Milenio.
- 2001 - A peseta española e outras moedas europeas deixan de cotizar e son substituídas polo euro
- 2004 - A CRTVG incorpórase a unha nova plataforma de distribución de televisión parella a banda larga de Internet. Trátase da inclusión das emisións do canal internacional Galicia Televisión en Imagenio, patrocinada polo Grupo Telefónica.
- 2008 - O Boletín Oficial do Estado deixa de publicarse en papel, sendo accesible a partir desta data unicamente por Internet.
Nacementos
editar- 1491 - Jacques Cartier, explorador francés (m. 1557).
- 1514 - Andreas Vesalius, anatomista belga (m. 1564).
- 1720 - Charles Edward Stuart, pretendente ao trono da Inglaterra e Escocia (m. 1788).
- 1828 - Fitz-James O'Brien, escritor irlandés (m. 1862)
- 1869 - Henri Matisse, pintor francés (m. 1954).
- 1897 - Xosé Núñez Búa, escritor e intelectual galego (m. 1981)
- 1908 - Simon Wiesenthal, arquitecto austríaco e "cazador" de nazis (m. 2005).
- 1909 - Ramón Esturao Calvo, militar e político galego (m. 2002).
- 1924 - Tino Grandío, pintor galego (m. 1977).
- 1937 - Anthony Hopkins, actor galés.
- 1943 - Ben Kingsley, actor inglés.
- 1947 - Rita Lee, cantante e compositora brasileira.
- 1948 - Donna Summer, cantante estadounidense (m. 2012).
- 1959 - Val Kilmer, actor estadounidense.
- 1977 - Psy, cantante Coreano.
- 1987 - Berta Dávila, escritora galega.
Mortes
editar- 192 - Cómodo, emperador romano (n. 161).
- 335 - Silvestre I, papa.
- 1384 - John Wyclif, teólogo inglés.
- 1460 - Ricardo, Duque de York, executado despois da Batalla de Wakefield.
- 1691 - Robert Boyle, físico inglés (n. 1627).
- 1812 - Benito Plá Cancela, avogado, escritor e político galego (m. 1874).
- 1936 - Miguel de Unamuno, escritor e filósofo español (n.1864).
- 1936 - Manuel Calvelo López, médico e político galego (n. 1904).
- 1936 - José Fandiño Pidre, industrial e político galego (n. 1902).
- 1936 - Antonio Blanco Solla, político galego (n. 1897).
- 1954 - Francisco Martínez Leira, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1916).
- 1980 - Marshall McLuhan, intelectual canadense (n. 1911).
- 1985 - Ricky Nelson, cantante estadounidense (n. 1940).
- 1990 - Vasili Lazarev, cosmonauta soviético (n. 1928).
- 2004 - Gerard Debreu, economista francés (n. 1921).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Inicio do Rali París-Dakar
- Santoral: Santos Franquila, abade de Ribas de Sil, Silvestre e Comba.