300: A orixe dun imperio
300: A orixe dun imperio,[6] (en inglés: 300: Rise of an Empire), é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Noam Murro, secuela do filme de 2007 300, que acontece antes, durante e despois dos sucesos que aparecían nesa película e mais cunha reconstrución ficticia da batalla de Salamina.[7] Baséase na novela gráfica inédita de Frank Miller, Xerxes. O director do filme orixinal, Zack Snyder, traballou como guionista e produtor desta volta.
300: A orixe dun imperio | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 300: Rise of an Empire |
Director | Noam Murro |
Produtor | Gianni Nunnari, Mark Canton, Zack Snyder, Deborah Snyder, Bernie Goldmann |
Guión | Zack Snyder, Kurt Johnstad |
Baseado en | Xerxes (inédito)[1][2] |
Intérpretes | Sullivan Stapleton, Eva Green, Lena Headey, Hans Matheson, Rodrigo Santoro |
Música | Junkie XL[3] |
Fotografía | Simon Duggan |
Montaxe | Wyatt Smith, David Brenner |
Estudio | Legendary Pictures, Cruel and Unusual Films |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 4 de marzo de 2014; comercial: 7 de marzo de 2014 |
Duración | 102 minutos[4] |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $100 millóns[5] |
Recadación | $132 850 000[5] |
Na rede | |
http://www.300themovie.com/ | |
No repartimento figuran Lena Headey, Rodrigo Santoro, David Wenham e Andrew Tiernan que repiten os papeis que tiñan no filme orixinal, xunto con Sullivan Stapleton, Eva Green, Hans Matheson, Callan Mulvey e Jack O'Connell. A súa estrea comercial, en 3D e IMAX 3D foi o 7 de marzo de 2014.[8][9] O compositor da música do filme foi Junkie XL.[10]
Sinopse
editarGorgo (Lena Headey), raíña de Esparta, cóntalles aos seus homes da batalla de Maratón, na que o rei Darío I (Yigal Naor) de Persia morreu a mans do xeneral Temístocles (Sullivan Stapleton) de Atenas, o seu fillo Xerxes (Rodrigo Santoro), presenza a agonía de seu pai e antes de morrer este dálle o consello de non continuar a guerra, xa que "só os deuses poden derrotar os gregos". A comandante da frota de Darío Artemisia (Eva Green), consola a Xerxes afirmando que as derradeiras palabras de Darío eran un desafío, se como rei non pode derrotar os gregos, terá que o facer como deus e emprende unha viaxe ao longo do deserto ata que chega a unha cova onde se baña nun líquido áureo, emerxendo o Deus-rei, cumprida a súa misión volve a Persia e declara a guerra a Grecia. Mentres as forzas de Xerxes avanzan cara ás Termópilas, Temístocles reúnese co consello e convénceos para que lle subministren unha frota para se enfrontar cos persas no mar e logo marcha para Esparta para pedirlle axuda ao rei Leónidas, alí Dilios (David Wenham) infórmalle que o rei está consultando o oráculo, e que Gorgo é reticente a porse do lado dos gregos. Temístocles entón fala co seu vello amigo Escila (Callan Mulvey) polo que coñece que Artemisa é grega de nacenza pero que se pasou aos persas logo que soldados gregos mataran os seus pais e violárana cando era unha nena, e que conquistou o seu lugar como comandante naval tras matar desapiadamente a varios dos inimigos de Darío.
Temístocles conduce os seus homes, entre eles Escilas, o fillo deste Calisto (Jack O'Connell) e a man dereita de Temístocles Esquilo (Hans Matheson) ao mar Exeo, dirixen os seus navíos contra dos barcos persas e cargan contra eles, matando moitos soldados antes de retirarse, o mesmo acontece o día seguinte, impresionada co labor de Temístocles, Artemisa sedúceo e ofrécelle un posto no seu exército, o que el rexeita e polo que ela xura vinganza.
Soldados persas enchen o mar de alcatrán e homes con bombas infíltranse nos barcos gregos, Artemisa e os seus homes lanzan fachos e frechas ardendo para que exploten, pero Temístocles mata un dos soldados, que cae no alcatrán levando un facho, o que causa que navíos das dúas frotas exploten. Por causa da explosión Temítocles cae ao mar e case afoga pero Calisto logra rescatalo. Artemisa e as súas forzas retíranse ao crelo morto.
A Temístocles chéganlle as novas que Xerxes matou a Leónidas e os seus 300 e volve a Atenas para coñecer por medio de Efialtes (Andrew Tiernan), o espartano traidor, os plans de Xerxes para atacar Atenas.
Elenco
editar- Sullivan Stapleton como Temístocles
- Eva Green como Artemisia
- Caitlin Carmichael como Artemisia aos oito anos
- Jade Chynoweth como Artemisia aos trece anos
- Lena Headey como a raíña Gorgo
- Rodrigo Santoro como Xerxes
- Jack O'Connell como Calisto
- Hans Matheson como Esquilo
- Callan Mulvey como Escilas
- David Wenham como Dilios
- Andrew Tiernan como Efialtes
- Yigal Naor como Darío I
- Andrew Pleavin como Daxos
- Ben Turner como o xeneral Artafernes
- Ashraf Barhom como o xeneral Bandari
- Christopher Sciueref como o xeneral Kashani
- Gerard Butler como o rei Leónidas (metraxe de arquivo)[11]
- Michael Fassbender como Estelios (metraxe de arquivo)
Produción
editarEn xuño de 2008 os produtores Gianni Nunnari, Mark Canton e Bernie Goldmann deron a coñecer que comezaran a traballar nunha secuela do filme 300.[12] e Legendary Pictures anunciou que Frank Miller, o autor da novela gráfica na que se baseaba a película, estaba a escribir unha secuela dela, e que Zack Snyder, o director de 300, estaba interesado en dirixir a adaptación, pero ao final optou por traballar en O home de aceiro.[13][14]. Elixiuse logo a Noam Murro como director mentres Snyder mantiña un posto como produtor. O argumento do filme íase centrar no grego Temístocles interpretado polo actor australiano Sullivan Stapleton.[15]
Durante a preprodución o filme levaba o título de 300: Battle of Artemisium;[16] e en setembro de 2012 recibiu o seu título definitivo, 300: Rise of an Empire.[17] A filmación principiou a primeiros do mes de xullo de 2012 nos estudios Nu Boyana Film en Sofía, (Bulgaria).[18] A estrea foi o 5 de marzo de 2014 no TCL Chinese Theatre[19] e a explotación comercial comezou o 7 dese mes.
Recepción
editar300: Rise of an Empire recibiu críticas variadas, así no agregador especializado Rotten Tomatoes, o filme conta cunha avaliación do 43%, cunha puntuación media de 4,9/10, baseado en datos de 136 críticos, e amosa o consenso que pese á boa interpretación de Eva Green é un paso atrás do filme predecesor[20] Noutro agregador Metacritic conta cunha puntuación de 47/100 baseado en datos de 30 críticos.[21]
Todd Gilchrist de The Wrap deulle ao filme unha crítica negativa[22] Todd McCarthy de The Hollywood Reporter tamén lle deu unha crítica negativa [23] Scott Foundas de Variety deulle unha crítica positiva, entretido que funciona ben, pero sen as resonancias míticas que tiña 300"[11] Kyle Smith of the New York Post deulle dúas estrelas e medio sobre catro, relacionando o filme con Conan the Barbarian."[24] Richard Roeper deulle catro estrelas e media sobre cinco, afirmando que é unha gran produción brillantemente feita[25] James Rocchi de Film.com deulle unha puntuación de 0 sobre 10, afirmando que era unha broma en 3D."[26]
Notas
editar- ↑ Schaefer, Sandy. "First Look At ’300′ Prequel Comic Book". ScreenRant. Consultado o February 1, 2013.
- ↑ Sitterson, Aubrey. "Comic-Con 2011: Xerxes Is Now 300: Battle of Artemisia". UGO Networks. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2013. Consultado o 1 de febreiro de 2013.
- ↑ "Junkie XL score composer for 300: Rise of an Empire". 300themovie.com. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ "300: RISE OF AN EMPIRE (15)". Warner Bros. British Board of Film Classification. 13 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 09 de marzo de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 "300: Rise of An Empire (2014)". Box Office Mojo. Consultado o 9 de marzo de 2014.
- ↑ sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "300: A orixe dun imperio. Programación TV". Consultado o 13 de abril de 2014.
- ↑ "Rodrigo Santoro Back For 300 Sequel?". Empireonline.com. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ "300: Rise of an Empire and All You Need is Kill Pushed Back". ComingSoon. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 09 de marzo de 2014.
- ↑ "IMAX and Warner Bros. Partner to Bring 20 New Pictures to IMAX® Theatres". IMAX. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2012. Consultado o 5 de novembro de 2012.
- ↑ "Junkie XL Scoring ’300: Rise of an Empire’". Filmmusicreporter.com. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ 11,0 11,1 Scott Foundas Chief Film Critic @foundasonfilm (3 de marzo de 2014). "’300: Rise of an Empire’ Review: Eva Green Stars in Entertaining Sequel". Variety. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ Frosty (25 de xuño de 2008). "Producers Mark Canton, Gianni Nunnari and Bernie Goldmann Exclusive Video Interview". Collider.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2008. Consultado o 09 de marzo de 2014.
- ↑ Garrett, Diane (29 de xuño de 2008). "New 300 rallies troops". Variety (Reed Business Information). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2008.
- ↑ Mike Fleming (27 de xuño de 2011). "'Xerxes' Pic Down To Noam Murro And Jaume Collett-Serra For '300' Spinoff". Deadline Hollywood. Consultado o 27 de xuño de 2011.
- ↑ "'300' The Prequel: Meet The New Xerxes". Moviepilot.com. 8 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 9 de febreiro de 2012.
- ↑ "300 Follow-Up Gets Official Title | Movie News | Empire". Empireonline.com. Consultado o October 8, 2012.
- ↑ Kit, Borys (13 de setembro de 2012). "Warner Bros. Gives '300' Sequel a New Title". The Hollywood Reporter. Consultado o 13 de setembro de 2012.
- ↑ "A James Bond girl arrives in Bulgaria". EuroPost. 13 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2012.
- ↑ Johns, Nikara (5 de marzo de 2014). "‘Unapologetic,’ ‘Strong’ Female Leads Praised at ’300: Rise of an Empire’ Premiere". Variety. Consultado o 7 de marzo de 2014.
- ↑ "300: Rise of an Empire (2014)". Rotten Tomatoes. Consultado o 4 de marzo de 2014.
- ↑ "300: Rise of an Empire". Metacritic. Consultado o 4 de marzo de 2014.
- ↑ "'300: Rise of An Empire' Review: More of the Same, But Slightly Less". TheWrap. 3 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ "300: Rise of an Empire: Film Review". The Hollywood Reporter. 3 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ Smith, Kyle (26 de febreiro de 2014). "March into battle with ‘300: Rise of an Empire’ | New York Post". Nypost.com. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ "300: Rise of an Empire” Review". RichardRoeper.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ The 100 Best Movie Scenes of 2013. "Review: ’300: Rise Of An Empire’". Film.com. Consultado o 8 de marzo de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial (en inglés)