1492
Ano
1492 (MCDXCII) foi un ano bisesto comezado en domingo segundo o calendario xuliano, en vigor nesa data. En 1492 tivo lugar un dos feitos máis importantes da historia da humanidade: o descubrimento de América, que determinou o desenvolvemento dos seguintes 400 anos, caracterizados pola expansión europea por todo o planeta e a formación dos primeiros imperios globais. Por mor das consecuencias a longo prazo deste acontecemento, algúns historiadores consideran que en 1492 acaba a Idade Media e comeza a Idade Moderna.
1492 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1492 MCDXCII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2245 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 941 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4188 – 4189 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5252 – 5253 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1547 – 1548 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1414 – 1415 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4593 – 4594 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 870 – 871 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 897 – 898 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1742 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 2 de xaneiro, Os Reis Católicos Fernando e Isabel entran en Granada.
- 15 de xaneiro, O navegante xenovés Cristovo Colón encóntrase cos reis Fernando e Isabel no Alcázar de los Reyes Cristianos en Córdoba, España, e recibe soporte para a súa viaxe polo océano Atlántico, na tentativa de atopar unha nova ruta cara á India.
- 12 de outubro, Cristovo Colón chega a América.
- 31 de marzo, os reis Fernando e Isabel asinan o Decreto da Alhambra, expulsando todos os xudeus de España a menos que se convertan ó catolicismo.
- 17 de abril, As Capitulacións de Santa Fe son asinadas entre Cristovo Colón e a Castela, acordando os preparativos para a expedición.
- 31 de xullo, Os xudeus son expulsados de España.
- 3 de agosto, Cristovo Colón sae con tres barcos de Palos de la Frontera ó servizo de Castela, pretendendo chegar a Asia.
- 10 de agosto, Último prazo para o xudeus saíren de España. A data coincide con 10 de av de 5252.
- 11 de agosto, O Papa Alexandre VI sucede ó Papa Inocencio VIII como o 214º pontífice romano.
- 11 de outubro, Varios membros das tripulacións da frota de Cristovo Colón albiscan unha luz insólita.
- 12 de outubro, Cristovo Colón recala en augas americanas, no Caribe, e aterra en Guanahani.
- 28 de outubro, Cristovo Colón chega a Cuba.
- 5 de decembro, Cristovo Colón tórnase o primeiro europeo coñecido a poñer os pés na illa de Hispaniola.
Nacementos
editar- 6 de marzo - Luis Vives, humanista hispano, en Valencia (m. 1540).
Mortes
editar- 8 de abril - Lourenzo de Medici.
- 25 de xullo - papa Inocencio VIII (n. 1432).
- 12 de outubro - Piero della Francesca, pintor italiano.
- Jaume Huguet, pintor catalán (n. 1415).
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1492 |