Íñigo de la Serna
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Íñigo Joaquín de la Serna Hernáiz, máis coñecido como Íñigo de la Serna, nado o 10 de xaneiro de 1971 en Bilbao,[1] é un político español, membro do Partido Popular e ministro de Fomento desde 2016.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1971 (53 anos) Bilbao, España |
Ministro de Fomento de España | |
4 de novembro de 2016 – 1 de xuño de 2018 ← Ana Pastor Julián – José Luis Ábalos Meco → | |
Member of the Parliament of Cantabria (en) | |
18 de xuño de 2015 – 4 de novembro de 2016 | |
Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias | |
23 de xullo de 2012 – 19 de setembro de 2015 ← Juan Ignacio Zoido – Abel Caballero → | |
Alcalde de Santander | |
16 de xuño de 2007 – 4 de novembro de 2016 ← Gonzalo Piñeiro – Gema Igual Ortiz (en) → | |
Member of the Parliament of Cantabria (en) | |
2007 – 2011 | |
Q43183390 | |
14 de xuño de 2003 – 4 de novembro de 2016 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Cantabria |
Actividade | |
Ocupación | político, enxeñeiro |
Partido político | Partido Popular |
Premios | |
Desde 1999 até 2003 foi o encargado do gabinete do conselleiro de Medio Ambiente do Goberno de Cantabria. A partir de 2003 foi o encargado da concellaría de Medio Ambiente, Auga e Praias no concello de Santander. No ano 2004 é elixido vicesecretario do Partido Popular de Cantabria, para despois presentarse ás eleccións municipais do ano 2007. Íñigo de la Serna foi elixido alcalde de Santander en ditas eleccións, conseguindo 15 dos 27 concelleiros (o PSC-PSOE obtivo 7 e o PRC os 5 restantes).
É de destacar que ao ser elixido, converteuse no alcalde máis novo de capital de provincia de toda España, xa que unicamente tiña 36 anos, ademais de facelo con maioría absoluta obtendo o 52% dos votos, sendo esta a primeira vez que se presentaba. Nas eleccións municipais do ano 2011 revalida a súa maioría absoluta de forma máis ampla como alcalde de Santander, conseguindo 18 dos 27 concelleiros (o PSC-PSOE obtivo 5 e o PRC os 4 restantes). Converteuse así no cuarto alcalde máis votado de España obtendo o maior récord do seu partido na cidade co 56% dos votos.
É enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade de Cantabria. Traballou no gabinete Apia XXI.
Desde o 23 de xullo de 2012 ostenta tamén o cargo de Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, (FEMP), tras a dimisión voluntaria do anterior rexedor, Juan Ignacio Zoido, sendo elixido por unanimidade entre os membros pertencentes ao Consello Territorial da mesma.
Notas
editar- ↑ "Íñigo Joaquín de la Serna Hernaiz no sitio web do Parlamento de Cantabria". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2010. Consultado o 01 de xuño de 2013.