Ácido beta-eleoesteárico

composto químico

o ácido β-eleoesteárico, ou ácido (9E,11E,13E)-octadeca-9,11,13-trienoico, é un ácido graxo natural e bioloxicamente activo coa fórmula C
18
H
30
O
2
ou H3C-(-CH2-)3(-CH=CH-)3-(-CH2-)7-(C=O)OH. É o isómero conformacional todo-trans do ácido octadecatrienoico. Outro isómero seu é o ácido α-eleoesteárico.

β-Eleostearic acid
Identificadores
Número CAS 544-73-0
PubChem 5282820
ChemSpider 4445947
ChEBI CHEBI:38384
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C18H30O2
Masa molar 278,43 g mol−1
Punto de fusión 715 °C; 1 319 °F; 988 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Pode obterse ácido β-eleoesteárico puro por saponificación de aceites de tung α- e β en condicións suaves, e cristalización directa dos ácidos liberados a −20 °C dunha solución etanólica.[1]

Investigáronse os efectos deste ácido sobre as células T24 de cancro de vexiga humano e observouse que presentaba unha forte citotoxicidade que inducía a apoptose destas células por un mecanismo mediado por especies reactivas do oxíxeno.[2]

  1. Joan S. HoffmannR. T. O'ConnorD. C. HeinzelmanW. G. Bickford. A simplified method for the preparation of α- and β-eleostearic acids and a revised spectrophotometric procedure for their determination. Journal of the American Oil Chemists Society. July 1957, Volume 34, Issue 7, pp 338–342
  2. Zhongyan Sun, Han Wang, Shuhong Ye, Jihui Wang. Beta-eleostearic acid induce apoptosis in T24 human bladder cancer cells through reactive oxygen species (ROS)-mediated pathway. Prostaglandins & other lipid mediators 99(1-2):1-8 · April 2012 [1] [acceso 14 de outubro de 2018].

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.