Miguel Layún: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5 |
||
Liña 75:
En decembro de 2009 saíu cedido por seis meses ao [[Club América|América]] do seu país natal, para a disputa do torneo Bicentenario que conmemorou os 200 anos da [[Independencia de México]].<ref>{{Cita novas|data=21 de decembro de 2009|título=Miguel Layún y Alonso Sandoval, al América|url=https://www.mediotiempo.com/futbol/liga-mx/miguel-layun-y-alonso-sandoval-al-america|data-acceso=1 de xuño de 2022|lingua=es}}</ref> Comezou como suplente e fixo o seu primeiro gol nos cuartos de final da liguiña contra [[Deportivo Toluca|Toluca]]. Ao remate do campionato desvencellouse do Atalanta e converteuse en xogador a todos os efectos do equipo mexicano. No Torneo Apertura 2010 fíxose definitivamente coa titularidade, e logrou a clasificación para a [[Copa Libertadores]]. Debutou na máxima competición suramericana o 16 de febreiro de 2011, nunha vitoria por 2-0 sobre o [[Club Nacional de Football|Nacional]] uruguaio, na que deu el as dúas asistencias de gol.<ref>{{Cita novas|data=15 de febreiro de 2011|título=América se impone al Nacional en la Libertadores|url=https://www.eleconomista.com.mx/deportes/America-se-impone-al-Nacional-en-la-Libertadores-20110215-0059.html|data-acceso=1 de xuño de 2022|lingua=es}}</ref> O equipo logrou o pase aos oitavos de final, onde Layún foi expulsado ante o [[Santos Futebol Clube|Santos]] brasileiro por dobre cartón amarelo.<ref>{{Cita novas|data=28 de abril de 2011|título=El América pierde contra el Santos pero sigue con vida|url=https://www.elmundo.es/america/2011/04/28/deportes/1303995109.html|data-acceso=1 de xuño de 2022|lingua=es}}</ref>
No Torneo Apertura 2011, o club atravesaba un dos peores momentos deportivos da súa historia e Layún converteuse no centro das críticas da afección, ata o punto de que ser insultado na rúa e non poder saír a un lugar público por medo a ser agredido.<ref name=":1">{{Cita novas|data=26 de abril de 2022|título=Miguel Layún, el futbolista que fue víctima, al extremo, del odio de la afición|url=https://es-us.deportes.yahoo.com/miguel-layun-futbolista-fue-victima-extremo-odio-aficion-180025770.html|data-acceso=1 de xuño de 2022|lingua=es|apelidos=Muñoz|nome=Dann}}</ref> Así mesmo, foi duramente criticado nas redes sociais, onde se fixo célebre a frase "Todo é culpa de Layún", aplicada a infinidade de situacións.<ref>{{Cita novas|data=6 de xullo de 2021|título=¿Desde cuándo se dice que todo es culpa de Layún y por qué?|url=https://www.goal.com/es/noticias/desde-cuando-se-dice-que-todo-es-culpa-de-layun-y-por-que/1d539onnaceo215z8jmnd8cyt9|data-acceso=1 de xuño de 2022|apelidos=Vázquez|nome=Antonio|lingua=es}}</ref> Ante estas circunstancias, o futbolista viuse obrigado a recorrer a axuda psicolóxica.<ref name=":0" /><ref name=":1" /><ref>{{Cita novas|data=24 de xullo de 2020|título=Futbol y salud mental: Layún presenta a la psicóloga que le ayudó a superar momentos difíciles|url=https://animal.mx/deportes/miguel-layun-presenta-claudia-rivas-psicologa-salud-mental/|data-acceso=1 de xuño de 2022|lingua=es|data-arquivo=29 de xuño de 2022|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20220629195201/https://animal.mx/deportes/miguel-layun-presenta-claudia-rivas-psicologa-salud-mental/|url-morta=yes}}</ref>
Con todo, acabou por sobrepoñerse e converteuse nunha importante peza do equipo nos seguintes anos. En 2013 acadou a final do Torneo Clausura ante [[Cruz Azul]] e anotou o lanzamento decisivo na [[quenda de penaltis]] co que América se proclamou campión despois de oito anos.<ref name=":0" /> Foi titular tamén na final do Apertura 2013, no que o seu equipo perdeu ante o [[Club León]], e trala marcha de [[Aquivaldo Mosquera]], converteuse no capitán do América. Tamén en 2013 debutou na [[Liga de Campións da CONCACAF]], nunha vitoria por 0-1 sobre o [[Sporting San Miguelito]] de [[Panamá]].
|