Fascismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 178:
 
== Fascismo e cristianismo ==
[[Ficheiro:PioXI et Pacelliinaugurazioneradiovaticana.jpg|miniatura|[[Pío XI]] e o daquela cardena Pacelli (futuro [[Pío XII]]) inaugurando [[Radio Vaticana]] en 1931.]]
Sempre houbo unha grande polémica entre os movementos fascistas e o [[cristianismo]], particularmente a [[Igrexa católica]].{{Cómpre referencia}} Como xa se mencionou, a encíclica do [[León XIII, papa|Papa León XIII]] de [[1891]], ''[[Rerum Novarum]]'' anticipou moito da doutrina que se tornou coñecida coma fascismo. Corenta anos despois, as tendencias corporativas de ''Rerum Novarum'' foron resaltadas pola encíclica do [[Pío XI, papa|Papa Pío XI]] o [[25 de maio]] de [[1931]] ''[[Quadragesimo Anno]]'' que reafirmou a hostilidade de ''Rerum Novarum'' cara a competición desordenada e a loita de clases.
 
Ao comezo dos anos 20 do século XX, o partido católico en Italia ([[Partito Popolare]]) estaba disposto a formar coalición co partido reformador que podería ter estabilizado a política italiana e frustrado o golpe proxectado por Mussolini. A [[2 de outubro]] de 1922, o [[Pío XI, papa|Papa Pío XI]] fai circular unha carta ordenando ó clero que non se aliñara co Partito Popolare, senón que ficase neutral, unha acción que vai enfraquecer ó partido e á súa alianza contra Mussolini. O secretario de estado do Vaticano reuniuse con ''Il Duce'' ó comezo de 1923 e estivo de acordo en disolver o ''Partito Popolare'', que Mussolini viu coma un obstáculo ao dominio fascista. A cambio, os fascistas déronlles garantías en canto á educación e institucións católicas.