Fascismo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →A orixe e a ideoloxía do fascismo: arranxiños |
m →O fascismo italiano: arranxiños |
||
Liña 61:
O estado fascista de Mussolini foi establecido aproximadamente unha década antes da chegada de [[Hitler]] ao poder. O fascismo italiano foi, en moitos aspectos, unha reacción á falla aparente do [[laissez-faire]] e ao medo dos movementos de esquerda, a pesar de que as circunstancias na historia intelectual deben ser consideradas, como o abalo do [[positivismo]] e o fatalismo xeneralizado da posguerra na [[Europa]].
O fascismo foi en certa forma o resultado dun sentimento xeral de ansiedade e medo dentro da clase media na Italia da posguerra, resultado da converxencia de presións interrelacionadas de orde económica, política e cultural. En canto ao estandarte desta ideoloxía autoritaria e nacionalista, Mussolini foi capaz de explorar os medos perante o capitalismo nunha era de depresión e posguerra, o ascenso dunha esquerda máis militante, e un sentimento de vergoña nacional e de humillación que resultara da "vitoria mutilada" da Italia nos tratados de paz trala [[
A medida que esa mesma depresión da posguerra facía crecer a sedución polo [[marxismo]] entre o proletariado urbano, aínda máis desprovisto de dereitos cós seus contrapartes no continente, o receo á forza crecente do [[sindicalismo]], o [[comunismo]] e o [[socialismo]] proliferaban entre a elite e a clase media. Dagún xeito, [[Benito Mussolini]] enchía un baleiro político. O Fascismo xurdiu coma unha "terceira vía" — como a última esperanza da Italia para evitar o colapso inminente do "fraco" liberalismo italiano, e a revolución comunista.
Liña 69:
A sedución polo movemento, a promesa dun capitalismo máis ordenado despois dunha era de depresión económica na posguerra, non se limitaba a Italia ou mesmo a Europa. Por exemplo, unha década máis tarde, cando a [[Gran Depresión]] orixinou un receso na economía brasileira, unha especie de proto-fascismo ía emerxer coma reacción aos problemas socioeconómicos, e a conciencia nacionalista do estatuto periférico da economía do Brasil. O réxime de Getúlio Vargas adoptou unha extensa influencia fascista coa Constitución do Estado-Novo, dirixida por Francisco Campos, eminente xurista afiliado ao Partido Fascista Brasileiro.
Fundado coma unha asociación nacionalista (o ''Fasci di Combattimento'') de veteranos da [[
A pesar dos temas da reforma social e económica no [[manifesto fascista]] inicial de [[Xuño]] de [[1919]], o movemento foi apoiado por seccións da clase media, receosos do socialismo e do comunismo, namentres que industriais e donos de terra víano coma unha defensa contra a militancia traballista. Baixo a ameaza dunha "[[Marcha sobre Roma]] fascista," Mussolini asumiu en [[Outubro]] de [[1922]] o liderado dun goberno de coalición de dereita incluíndo inicialmente membros do partido popular, pro-Igrexa.
Liña 80:
Nos anos 30 do [[século XX]], a Italia estábase a recuperar da [[Gran Depresión]], e obtiña o crecemento económico en parte pola substitución de importacións pola produción doméstica (''Autarquía'').
A drenaxe dos [[pantanos de Pontine]] ao sur de [[Roma]], empestados de [[malaria]], foi un dos orgullos do réxime. Mais o crecemento foi minado polas sancións internacionais impostas a Italia por mor da invasión de [[Etiopía]] en Outubro de [[1935]] (a [[crise da Abisinia]]), e polo forte esforzo financeiro que o goberno fixo para apoiar militarmente aos nacionalistas de [[Francisco Franco|Franco]] na [[
O illamento internacional e o seu apoio común en España vai facer resaltar unha crecente colaboración diplomática entre a Italia e a Alemaña Nazi. Isto vese tamén nas políticas domésticas do réxime fascista italiano, as primeiras leis [[Antisemitismo|antisemitas]] dátanse en [[1938]].
A intervención de Italia ([[10 de xuño]] de [[1940]]) na
Mussolini foi destituído como primeiro ministro polo rei [[Vitor Manuel III de Italia]] a [[25 de xullo]] de [[1943]], e a continuación foi preso. En setembro libérano paracaidistas alemáns é instalado como xefe dunha "[[República Social Italiana]]" fantoche en [[Salo]], no norte da Italia, entón ocupado pola Alemaña. A súa asociación co réxime de ocupación alemán restoulle moito do pouco apoio que lle restaba. A súa execución sumaria o [[28 de abril]] de [[1945]] por guerrilleiros, durante unha fase final da guerra particularmente violenta, foi vista por moitos observadores como o final apropiado para o seu réxime.
|